Visita ós Bombeiros
O alumnado de 5 anos visitou o Parque de Bombeiros de Vigo. Alí aprenderon moitas cousas relacionadas con este traballo tan fascinante. Visitaron as instalacións e amosáronlles algúns dos utensilios e aparellos que empregan cando necesitan apagar un lume.
Explicáronlles, entre outras cousas, que levan roupa especial, cómo funciona unha bombona de osíxeno e que eles tamén son mergulladores pero de fume. Ademáis de ensinarlles os diferentes camións de bombeiros, puideron subir nun deles. Tamén foron o ximnasio, o comedor e a sala de descanso. Viron os diferentes chorros de auga que pode ter unha mangueira e finalmente deixáronlles baixar pola barra coma auténticos bombeiros.
Disfrutaron moito desta saída tan divertida!
![a542c569-777c-4e78-9796-94d4945de16c](https://www.jesuitinasvigo.es/wp-content/uploads/2022/11/a542c569-777c-4e78-9796-94d4945de16c.jpg)