O noso día de Rosalía

Hoxe 23 de febreiro adicamos o día no colexio a Rosalía de Castro. 

Precisamente na data do seu nacemento os rapaces e rapazas dende Infantil ata Bacharelato coñeceron un pouco máis de preto a obra e valores transmitidos pola grande poetisa do Rexurdimento galego Rosalía de Castro.

Recitamos as súas poesías, escoitamos as cancións que lle adicaron grandes músicos galegos, a pintamos, coloreamos, profundizamos na sua vida, xogamos con ela, en fin, achegámonos un pouco máis á herdanza cultural que nos deixou.

E como fin de festa desta xornada tan especial saboreamos no comedor o Caldo de Gloria que nos fixeron para todos nós e que tan ben deixou escrito en forma de poesía no seu libro Follas novas.

Un día grande para Rosalía.