Merenda SOLIDARIA

O curso avanza e as nosas actividades para acadar o compromiso co Proxecto Solidario tamén. Esta semana o sol brillou no patio para iluminar a ledicia que nos produce ver tantas familias compartindo a merenda cos seus fillos. Moitas gracias a TODOS.

O martes 27 emitiuse un programa especial de RTVMIRALBA no que recordamos en que consiste o Proxecto Solidario deste curso e as actividades que iremos facendo para logralo.  Manuel e Gloria, profesores de Miralba,  compartiron vivencias da súa experiencia como voluntarios FASFI na que entre outras moitas cousas poideron comprobar onde van as nosas donacións.

Os alumnos de 1º de Bacharelato pasaron polas clases repartindo as merendas e de seguido baixamos ao patio onde disfrutamos dos distintos espacios de xogos que alumnos de 4º da ESO e profesores crearon. Unha vez máis comprobamos que axudar, colaborar, disfrutar non son actividades incompatibles.

Vémonos na Carreira Solidaria.

¿Queres saber máis de FASFI?. Visita a nosa web

https://www.fasfi.org/