Eurocharla desde Maastrich

Os alumnos de sexto de Educación Primaria estiveron a estudiar a Unión Europea na área de CC. Sociais: os países que a compoñen, as súas institucións e que significa ser cidadán da UE…

Hoxe martes tiveron a oportunidade de charlar por vídeo conferencia con Adriana Armada Rodríguez

Adriana, ademais de ser antiga alumna e a irmá dun alumno do cole, está no último curso da carreira de Estudios Europeos da Universidade de Maastricht e está a desenvolver o seu TFG (Traballo de Fin de Grao) sobre a falta de coñecemento que teñen os cidadáns europeos sobre a UE.

Na charla falouse das institucións europeas e o seu funcionamento, e mesmo mediante un xogo probaron o que significa aprobar un texto mediante unha maioría cualificada.

A charla  permitiulles facer uso dos coñecementos adquiridos na clase sobre a eurozona, descubrir conceptos novos como o espacio Schengen e o que é máis importante descubrirse como cidadáns europeos; comprobar que temos moitas similitudes coas outras culturas europeas e que a Unión Europea ofrece un amplo abano de oportunidades.

Moitas gracias Adriana por compartir con nós o teu tempo e abrirlles aos nosos alumnos unha fiestra a Europa.