Charla con Ledicia Costas

O luns 14 de marzo, sexto de Primaria recibiu unha visita moi especial no salón de actos por parte de Ledicia Costas, a escritora de Escarlatina A Cociñeira Defunta ou a colección da Señorita Bubble.
Tiveron unha pequena charla na que puideron preguntarlle acerca dos distintos libros ou a inspiración que lle fixo levalos a cabo. Ledicia mesmo lles contou algunha que outra anécdota sobre eles. Aprenderon moitísimo e resolveron todas as súas dúbidas e curiosidades sobre o libro que estivemos a ler.
Foi todo un placer e a recibimos cos brazos abertos sen dudalo, esperamos poder repetir esta experiencia noutra ocasión. Moitas gracias, Ledicia, por escribir tantos libros que fan que vivamos a aventura por completo, rodeados dun mundo de fantasía pero, sobre todo, gracias por acompañarnos nesta tarde tan especial.