Abertos ao mundo. ¿Quen somos?.
Unha vida digna para a poboación infantil saharaui.
O pasado mes de marzo visitáronnos representantes da asociación
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) co obxectivo de
achegar ao alumnado a realidade social do poblo Saharaui.
Esta actividade celebrouse co gallo do desenvolvemento da unidadade de
indagación do Programa de Escuela Primaria (PEP) de terceiro ¿Quen
somos? adicada ao estudo da poboación, as súas características,
distribución social, tradicións e costumes. Dentro das diferentes fases do
ciclo de indagación centramos as tarefas no estudo da realidade social
máis cercana e posteriormente adentramos ao alumnado na diverdisidade
social descubrindo e coñecendo as características propias do pobo
saharaui.
Solidariedade e compromiso.
Sogaps leva anos comprometida por mellorar as condicións de vida dos
refuxiados saharauis e da poboación residente no Sáhara Occidental
ocupada por Marrocos, a través da xestión e execución da axuda
humanitaria dirixida aos refuxiados saharauis.
As actividades que desenvolve a asociación inclúen a sensibilización da
poboación a través de organización de charlas e coloquios, montaxe de
exposicións fotográficas, concertos solidarios, etc… e por outra banda, en
colaboración có Ministerio de Cooperación Saharaui e Media Lúa Vermella
Saharaui, desenvolve proxectos de Cooperación e Desenrolo, de Axuda
Humanitaria e de Emerxencia, Sanitario e de Formación, incluíndo envío de
alimentos, menciñas e outros materiais.
Un elemento fundamental de coordinación son as Comisións de traballo
que axudan a xestionar os proxectos e que se dividen en: Comisión de
Caravana e Proxectos, Comisión de Política e Difusión, Comisión Mėdica,
Comisión de Dereitos Humanos e Comisión de Vacacións en Paz.
¡Un verán, un sorriso!
A Comisión de Vacacións en paz desenvolve un programa de acollida
temporal de nenas e nenos saharauis, durante os meses de xullo e agosto.
Está aberto a todas as persoas que queiran apoiar a causa saharaui e a
mellora da calidade de vida dos menores que están a medrar nos
campamentos de refuxiados saharauis.
Os obxectivos deste programa son: facilitar as revisións médicas e
asistencia sanitaria que precisen; proporcionar unha alimentación saudable
compensatoria de déficits alimentarios; evitar a estancia nos campamentos
durante o verán cando as temperaturas alcanzan 50º C; axudar a
aprendizaxe das linguas castelá e galega; dar a coñecer e sensibilizar á
sociedade galega sobre a situación do pobo Saharaui e descubrir unha
cultura e unha realidade moi diferentes á propia, incidindo especialmente
no tempo de lecer. Todo un verán de sorrisos.
A ilusión da infancia dentro dun campamento de refuxiados.
A charla dirixiuse ao alumnado de 3º e 4º de educación primaria e
impartiuna Conchi, a responsable da Comisión de Educación de SOGAPS.
Resultou moi interesante e agradable, e todas os presentes disfrutaron con
atención e interese.
Proxectouse unha presentación sobre a situación actual do pobo saharaui,
o territorio onde se asentan os campos de refuxiados, as condicións de
vida, as escolas e os hospitais, as casas, os lugares de traballo e de lecer.
A continuación proxectouse un video onde unha rapaza saharaui contaba
como discurría a súa vida no campo de refuxiados no que vivía, as súas
relacións familiares e sociais e como imaxinaba con emoción e tristura a
súa vida preto do mar.
Ao acabar a charla dedicouse un tempo para preguntas e todos quedaron
moi contentos e satisfeitos por teres a oportunidade de aprender doutra
realidade distinta a súa, sobre todo descubirir como vivían outras nenas e
nenos coma eles nun lugar tan diferente e descoñecido como o deserto do
Sahara. Por último Conchi, ensinoulles diferentes obxectos, coma colares,
aneis, pulseiras, recipientes para tomar o té, cadros feitos con area e
incluso dúas lagartas disecadas que causaron moita sorpresa.
Xa para rematar e coa intención de seguires colaborando, acordouse
traballar na realización doutras actividades coma videoconferencias con
escolas saharauis, intercambio de cartas e, incluso no futuro, facer un
irmandamento entre escolas.
Desde o colexio Miralba damos as grazas a SOGAPS polo seu compromiso
social e por permitirnos coñecer mellor a realidade do pobo saharaui. No
noso colexio cremos na función transformadora da educación e actividades
coma esta anímanos a seguir traballando por crear unha sociedade mellor
e unha cidadanía autónoma, creativa, crítica e comprometida.


